Artigo 1

Qualité Sport e Hotel Nós, en colaboración co Concello de Silleda, organiza o próximo 21 de xullo o Trail do Románico

Artigo 2

Percorrido de 15.000 metros, rompepernas e combinando asfalto e camiños rurais, pasando por diferentes zonas espectaculares como a Fervenza do Toxa ou o Monasterio de Carboeiro. A saída e chegada será na igrexa de Breixa, no término do concello de Silleda as 10:00 horas

Artigo 3

-Poden participar todas as persoas que o desexen sen distinción de nacionalidade ou sexo, a condición de que se inscribiron correctamente.
-A idade mínima de participación será de 16 anos e cada participante toma parte na carreira baixo a súa responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para afrontala.
-A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente. Así mesmo, todos os participantes dispoñerán dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.

Artigo 4

A saída da carreira será conxunta, homes e mulleres comezando ás 10:00 h do domingo 21 de xullo de 2019 diante da igrexa de Breixa.
A entrega de dorsais e chips farase o sábado 20 de 18:00 a 21:00 horas no Hotel Nos de Silleda e o domingo de 9:00 a 9:50 horas no punto da saída. Para recoller o dorsal-chip doutro corredor é necesario presentar fotocopia do seu DNI ou documento acreditativo (carné de conducir, pasaporte) ou xustificante da inscrición.
Ao finalizar a carreira, haberá que mostrar o dorsal para recoller a bolsa de corredor da proba, asi como devolver o chip de championchipnorte aqueles participantes que non sexan propietarios do mesmo.

Artigo 5

Termos e prezos das inscricións: -Establécese un MAXIMO de 300 participantes e o prezo de cada inscrición será de:

10 euros do 22 de maio ao 15 de xuño
12 euros do 16 de xuño o 14 de xullo
14 euros do 15 de xullo 17 de xullo

-Máis un euro en calquera dos casos aos non propietarios do chip de championchipnorte.
-En ningún caso devolverase o importe da inscrición e NON se aceptarán inscricións o día da carreira.

De forma presencial, de poderá inscribirse no ECOHOTEL NOS, Lugar de Río Calvo s/n, Silleda.

Artigo 6

O dorsal deberá ir colocado na parte dianteira da camiseta ben visible. En ningún caso permitirase correr sen dorsal e haberá avituallamiento líquido no km 6 aproximadamente e outro especial ao finalizar a carreira (empanada, tortilla, froita, etc)

Artigo 7

Para a proba establécense as seguintes categorías:

-Categoría Absoluta, masculina e feminina
- Senior Masc. e Fem. De 16 a 35 anos.
-Veteranos A De 36 e 45 anos.
-Veteranos B de 46 a 55
- Veteranos C +55

-Os premios NON serán acumulables

Artigo 8

Servizo Gardarroupa. Teremos este servizo na saída, entregando todas as pertenzas a cada atleta ao finalizar a proba. A organización NON se fai responsable de calquera rotura, perda ou dano dos artigos deixados neste servizo.

Artigo 9

Os servizos sanitarios e as ambulancias, coordinados polo equipo médico, estarán situados na zona de Saída/Meta e pechando a carreira xunto co coche escoba. Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar á organización a través da súa páxina web ou no momento de facer a inscrición.

Artigo 10

-Toda persoa que corra sen estar inscrita ó sen mostrar visible o dorsal no peito, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de avituallamientos, trofeos nin obsequios. Así mesmo, non estará amparada pola Póliza de seguro contratada e quedará terminantemente prohibida a súa entrada en liña de meta.
-NON se permite a participación na proba de persoas con patíns, bicicletas ou outros modos de locomoción. Tampouco acompañados por mascotas.
-O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de NON adiantarse na saída, realizar o percorrido completo e respectar tanto ao resto dos participantes como ao persoal auxiliar da mesma.

Artigo 11

-Ao inscribirse no Trail do Románico 2019, os participantes dan o seu consentimento e de acordo aos intereses deportivos, de promoción, distribución e explotación para todo o mundo (reprodución de imaxes e fotografías da proba, publicación de listaxes clasificatorias, etc.) mediante calquera dispositivo (Internet, publicidade, etc.) e sen límite temporal, os inscritos ceden de maneira expresa á organización o dereito para reproducir o nome e apelidos, o posto obtido na clasificación xeral e a propia do participante, a categoría, a marca deportiva realizada e a súa imaxe.
-A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, debendo comunicalo na web e na información do corredor

Artigo 12

A organización resérvase o dereito, se fose necesario, de modificar o devandito regulamento antes do dia da proba .